Subvenciones xunta de galicia

Subvenciones a las entidades asociativas, a las oficinas locales e a otras entidades colaboradoras de la Red Eusumo.

Entidades beneficiarias

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as
condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:

a) As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas
no programa I.

b) Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade
de municipios, dun consorcio local, ou dunha agrupación dun mínimo de catro
concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas
no programa II.

c) As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais,
empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas letras d), f)
e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea
á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu
funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión á esta rede por medio de convenio
de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e
nos termos previstos no programa III.

Gastos subvencionables

1. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no
artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente
pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. As facturas deberán
cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro,
polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación.

2. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, reunindo os requisitos establecidos
para cada programa nos artigos 25, 35 e 40, respectivamente, de xeito indubidable
respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido
nesta orde. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao
valor de mercado.

3. Os tributos consideraranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da
subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionablesos impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os
impostos persoais sobre a renda.
4. Cando o importe do gasto subvenc
ionable da acción ou investimento supere a contía
de 18.000 euros (IVE excluído), a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres
ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a
prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos
gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren
ou presten, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude
da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude da subvención,
realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente
nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis
vantaxosa.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir
do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Plan galicia emplea subvenciones en Pontevedra Marín Vilagarcía Vigo

Plan Galicia Emplea

La Xunta de Galicia ha publicado la convocatoria de ayudas del Plan Galicia Emplea, de incentivos a la contratación y a la formación en la

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!