Subvenciones a la artesanía gallega

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán (código de procedemento IN201G)

Obxecto e réxime das subvencións

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos
galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Así mesmo, quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis (agás no caso dos concellos), polo que non poderán exceder dos límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas
de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2015 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2016 e, se for o caso, os gastos efectivamente realizados e pagados das feiras que teñan lugar entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2016. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables
na data límite de xustificación das actuacións.
1) Para titulares de obradoiros artesanais.

Consideránse actuacións subvencionables:

a) A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

b) A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se realicen nos mercados nacionais ou internacionais. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

c) A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.
A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.
Son gastos subvencionables os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira. No caso de actuacións recollidas na alínea a) serán subvencionables ademais os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte
internacional do material expositivo. O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables,
non poderá superar os 7.000,00 euros, IVE excluído.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día 12 de abril de 2016.

Plan galicia emplea subvenciones en Pontevedra Marín Vilagarcía Vigo

Plan Galicia Emplea

La Xunta de Galicia ha publicado la convocatoria de ayudas del Plan Galicia Emplea, de incentivos a la contratación y a la formación en la

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!