bono autónomos xunta asesoría fiscal gestoría pontevedra vigo

Se levas catro anos como autónomo e necesitas un impulso… ¡solicita o teu bono!

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

Axudas: Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta do beneficiario.

Liñas de acutuación: Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: • Investigación de mercado. • Plan de márketing. • Plan de comunicación do negocio. • Plan estratéxico do negocio. • Plan crecemento: constitución sociedade. • Plan de reorientación do negocio. • Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio. • Plan de refinanciamento.

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: • Compra de maquinaria. • Compra de útiles e ferramentas. • Reforma do local do negocio. • Equipos informáticos. • Rótulos aplicacións informáticas e páxinas web. • Creación logotipo do negocio.

Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran.

 

 

Plan galicia emplea subvenciones en Pontevedra Marín Vilagarcía Vigo

Plan Galicia Emplea

La Xunta de Galicia ha publicado la convocatoria de ayudas del Plan Galicia Emplea, de incentivos a la contratación y a la formación en la

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!