apremio abogado pontevedra vilagarcía marín tributario fiscal asesor

AS NOTIFICACIÓNS DE CONSTRINXIMENTO E EMBARGO DEBEN RESPECTAR A INTIMIDADE DO RECEPTOR

O procedemento sancionador número PS/00300/2020, instruído pola Axencia Española de Protección de Datos a resolvido impoñer unha sanción de apercibimento a un concello por enviar sobres de “providencia de constrinximento e de embargo” xunto co nome e a dirección do destinatario.

A resolución conclúe que a administración pública cometeu unha infracción do artigo 32 do Regulamento Xeral de Protección de Datos xa que tendo en conta o contexto e a finalidade é necesario proceder de modo que se garanta “a  seudonimización e o cifrado de datos persoais, a capacidade de garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento”.

O concello xustificou o seu modo de proceder, en base ao artigo 41 da Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para que o acto fose válido e constase a recepción, a data e a identidade de quen recibía a notificación. Con todo, a Axencia Española de Protección de Datos, sinala que para que o acto sexa válido non é necesario que deba anotarse no propio sobre o obxecto do mesmo. Tampouco a lei esixe que se teñan que engadir tales mencións xa que afecta directamente á reputación da persoa. O adecuado, di a resolución, é reflectir no acuse de recibo que se asina unha mención xenérica do acto, xunto con algún tipo de identificador que corresponda co contido notificado e que figure no expediente.

Por tanto, non é nin proporcional nin adecuado que se conteñan nos sobres a explícita referencia que permita coñecer con detalle o contido do que se traslada ao destinatario.

Unha infracción de tal categoría, conforme dispón o artigo 83.4 a), sería sancionada con multa de ata 10 millóns de euros ou contía equivalente ao 2% do volume de negocio total anual do exercicio financeiro anterior; pero o ordenamento xurídico español optou por non sancionar con multa económica ás entidades públicas, polo que neste caso o concello simplemente é apercibido coa recomendación de que se deixe de utilizar nas notificacións sobres coas expresións que deron lugar á reclamación.

Plan galicia emplea subvenciones en Pontevedra Marín Vilagarcía Vigo

Plan Galicia Emplea

La Xunta de Galicia ha publicado la convocatoria de ayudas del Plan Galicia Emplea, de incentivos a la contratación y a la formación en la

Campaña renta 2022 asesores fiscales Pontevedra

Campaña de la Renta 2022

El 11 de abril de 2023 da comienzo la campaña para presentar el IRPF correspondiente al año 2022 y se extenderá hasta el 30 de

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!