Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega: 1. As persoas galegas e nacidas en Galicia. 2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia ata o segundo grao de consanguinidade incluído. 3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración.
Requisitos específicos: Ademais dos requisitos comúns, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos, segundo se trate de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia ou socias traballadoras de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado. 2.1. Persoas traballadoras autónomas ou por conta propia: a) Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención. b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda no período ao cal se refire o número 1.c) e, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude. 2.2. Persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Contía máxima da subvención: O importe da subvención concedida será o 80 % dos gastos subvencionables estimados no orzamento presentado que correspondan á persoa solicitante en función da súa porcentaxe de participación, de ser o caso, ata unha contía máxima de 5.000 euros para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia e de 7.000 euros para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
O importe da subvención resultante do parágrafo anterior incrementarase no caso de concorrer as seguintes situacións e nos seguintes importes: a) Cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos: 1.000,00 euros. b) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000,00 euros. c) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 1.000,00 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 28 de setembro de 2018.

La reforma de la seguridad social de los trabajadores autónomos
El Real Decreto-ley 23/2022, de 26 de julio, por el que se establece un nuevo sistema de cotización de los trabajadores por cuenta propia o