ayudas a segunda oportunidad abogados asesores pontevedra vigo marín vilagarcía cangas bueu

Subvencións á segunda oportunidade das persoas autónomas

Persoas beneficiarias:

Serán persoas beneficiarias das axudas deste programa as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018, cesasen con anterioridade na súa actividade causando baixa na seguridade social ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE) .

As axudas consistirán en:

  1. a) Bono apoio: concederase unha axuda de 3000 € ás persoas que estivesen máis de 6 meses seguidos inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deron de alta no 2018 antes da entrada en vigor da orde.
  2. b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 2000 € para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio que se vai emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable. Este período subvencionable será dun mes como máximo desde que se desen de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e para altas anteriores á entrada en vigor desta orde a xustificación deberá facerse no prazo de dous meses como máximo desde a entrada en vigor da orde. O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable, que será desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a finalización do período de xustificación, e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A axuda máxima total será de 5.000 €

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Plan galicia emplea subvenciones en Pontevedra Marín Vilagarcía Vigo

Plan Galicia Emplea

La Xunta de Galicia ha publicado la convocatoria de ayudas del Plan Galicia Emplea, de incentivos a la contratación y a la formación en la

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!