Subvenciones Vigo Asesoría abogado abogados gestoría gestoria

Subvenciones para el fomento del empleo de entidades sin ánimo de lucro con presencia en Vigo

OBXECTO, FINALIDADE E BENEFICIARIAS DAS SUBVENCIÓNS

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, as comunidade de montes, as entidades empresariais e as deportivas, constituídas legalmente como tales, para o fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, realizadas ou pendentes de levar a cabo desde o 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2016. Están dirixidas a fomentar o emprego, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía, xa que ten dentro das súas propostas para estes anos de crise, acadar mediante a contratación directa o maior número de postos de traballo reducindo a porcentaxe de desempregados e desempregadas na nosa cidade, unha das formas para acadar este obxectivo entre outras é a colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento as persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.

A efectos da presente convocatoria, e coa finalidade de ter en conta a diversidade e heteroxeneidade das entidades as que va dirixida, se convocan os programas que deseguido se relaciona en función das súas características cara ao fomento do emprego e a inserción laboral e da mellora no funcionamento das entidades, no cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades:

— Programa I: “Entidades veciñais e culturais”

— Programa II: “Entidades sociais e asistenciais”

— Programa III: “Organizacións sindicais”

— Programa IV:“Entidades empresariais”

— Programa V:“Comunidades de Montes”.

— Programa VI: “Entidades deportivas”

A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar coa convocatoria é o fomento do emprego e da participación cidadá, en particular:

• Facilitar a adquisición de experiencia laboral a persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

• Fomentar a contratación exclusivamente de persoas empadroadas no Concello de Vigo, cando menos desde o 1 de xaneiro de 2015.

• Contribuír á existencia e funcionamento ordinario das asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, empresariais, deportivas e as comunidade de montes, para mellora do emprego e a defensa de intereses xerais e sectoriais.

• Potenciar a xeración e continuidade de grupos e programas de actuación estables, sin prexuízo da diversidade de actividades programadas.

• Avaliar os resultados dos programas e actividades sociais realizados a fin de determinar as necesidades reais existentes.

• Facilitar a inserción laboral de todos os sectores de poboación e fundamentalmente dis mais desfavorecidos.

• Fomentar a contratación para o desenvolvemento de actividades, servizos, o emprego de novas tecnoloxías, e os programas formativos nas propias sedes das asociacións.

• Apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento da inserción laboral e a participación cidadá, nos que se poden incluír actuacións nos campos da cultura, o benestar social, o ocio, o voluntariado, o asesoramento e fomento do emprendemento, a formación profesional e a integración veciñal, en xeral, de contido laboral e sociocomunitario.

• Avaliar os resultados dos programas e actividades socio/deportivos realizados a fin de determinar as necesidades reais existentes.

• Apoiar ás entidades deportivas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento da inserción laboral e a participación cidadá, nos que se poden incluír calquera das actuacións vinculadas coas propias necesidades da xestión da diversidade dos proxectos destas entidades.

• Fomentar as actividades ocupacionais e informativas de cara a unha integración laboral.

• Incidir na información, formación e promoción de condutas, valores cívicos e éticos en xeral, así como a promoción da sociedade plural e non discriminatoria (tolerancia, solidariedade, respecto a diversidade e integración).

• Programas de sensibilización e ampliación dos recursos propios a través de captación de novos asociados, doazóns e colaboracións e o fomento do emprendemento.

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sociais, sindicais, comunidade de montes, deportivas e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas, nos epígrafes que a continuación de relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), ou teñan iniciado o tramite de inscrición no servizo de Participación Cidadá que cumprindo os requisitos e finalidade da mesma, fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

— Programa I: “Entidades veciñais e culturais” Epígrafes 10.1 e 10.5.

— Programa II: “Entidades sociais e asistenciais” Epígrafes 1, 2, 4.1 e 9.1.

— Programa III: “Organizacións sindicais”Epígrafes 5.1

— Programa IV:“Entidades empresariais”.Epígrafes 5.2

— Programa V:“Comunidades de Montes”.Epígrafe 10.7

— Programa VI: “Entidades deportivas”Epígrafes 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2

REQUISITOS DOS SOLICITANTES

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:

1. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.

2. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.

3. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, as entidades deportivas, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases, e que veñan desenvolvendo actividades de promoción do deporte, cando menos nas ultimas duas tempadas deportivas.

4. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.

5. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo na convocatoria anterior.

6. Que acrediten que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, co Concello de Vigo, coa Seguridade Social mediante a presentación das correspondentes certificacións nos termos dos art. 22 do RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións (RLXS), e vixentes de conformidade co art. 23 do mesmo.

7. O interesado poderá autorizar, expresamente, ao Concello de Vigo para consultar dita información tributaria na Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT). Noutro caso, será preciso achegar a oportuna certificación.

8. Non estar incursas as persoas físicas ou entidades ou as persoas que ostentan a representación legal das mesmas, nalgún dos supostos de prohibición o circunstancias previstas no art. 13 da LXS que impiden acadar a condición de beneficiario/a

9. Acompañar á solicitude a documentación preceptiva detallada na Base novena desta convocatoria.

10. Que non exista no orzamento municipal vixente consignación presupostaria nominativa ao seu favor para a concesión dunha subvención ou axuda directa, é dicir, para a formalización dun convenio de colaboración, para o fomento do emprego.

11. Realizar convocatoria pública da oferta de emprego cando menos 5 días antes da realización da selección mediante:

a) Inserción de anuncios na páxina web e/ou rede social da entidade.

b) Inserción na páxina web municipal “Asociacións en rede” (http://asociacións.vigo.org), no formato establecido no Anexo VII, de non estar de alta na mesma, será enviado pola entidade en formato digital ao enderezo electrónico ofi.emprego@vigo.org, cando mesnos con un día de antelación a data de publicación.

c) Exposición da convocatoria no taboleiro de anuncios do servizo de Desenvolvemento Local e Emprego e no Centro Municipal de Emprego, no formato establecido no Anexo VII, que será enviado pola entidade en formato digital ao enderezo electrónico ofi.emprego@vigo.org, cando mesnos con un día de antelación a data de publicación.

12. O secretario de cada entidade certificará a publicación das ofertas de emprego ante a Comisión de seguimento, dos postos a contratar e como máximo dun/dunha traballador/a con unha antigüidade mínima de 6 meses na entidade solicitante imprescindible para o desenvolvemento das actividades solicitadas, do que poderá solicitar ata un máximo do 50% dos seus custes salariais, conforme a base terceira apartados 1, 2, 3 , 4 e 6.

GASTOS SUBVENCIONABLES

En xeral, son gastos subvencionables os que, de xeito indubitado, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido por estas bases reguladoras.

A efectos desta subvención, sempre e cando se acredite a realización das ­contratacións, para o desenvolvemento das actividades que motivan a súa concesión, considéranse gastos subvencionables, os realizados dentro do ano da convocatoria entre os meses de xaneiro e setembro que se revelen como obxectivamente necesarios para que as asociacións poidan cumprir os fins que lle son propios ou derivados específicamente das contratracións realizadas para o desenvolvemento das actividades programadas, e que teñan acomodo no obxecto de convocatoria:

1- Programa I: “Entidades veciñais e culturais” epígrafes do RMA 10.1 e 10.5.

• Custes salariais derivados do persoal contratado con cargo a subvención.

• Custes de seguridade social a cargo da entidade do persoal contratado con cargo a subvención.

• Ata un máximo do 50 % dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade dun/dunha traballador/a con unha antigüidade mínima de 6 meses na entidade solicitante , previa xustificación da súa necesidade que deberá quedar suficientemente demostrada no Anexo V, para a dirección e/ou coordinación do proxecto.

• Gastos financieiros e de xestión relacionados cos contratos do persoal obxecto da subvención. Só poderán imputarse ata un máximo do 1,50% do importe total dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade.

2.- Programa II: “Entidades sociais e asistenciais” epígrafes 1, 2, 4.1 e 9.1

• Custes salariais derivados do persoal contratado con cargo a subvención.

• Custes de seguridade social a cargo da entidade do persoal contratado con cargo a subvención.

• Ata un máximo do 50 % dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade dun/dunha traballador/a con unha antigüidade mínima de 6 meses na entidade solicitante , previa xustificación da súa necesidade que deberá quedar suficientemente demostrada no Anexo V, para a dirección e/ou coordinación do proxecto.

• Gastos financeiros e de xestión relacionados cos contratos do persoal obxecto da subvención. Só poderán imputarse ata un máximo do 1,50% do importe total dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade.

3.- Programa III: “Organizacións sindicais” epígrafes 5.1

• Custes salariais derivados do persoal contratado con cargo a subvención.

• Custes de seguridade social a cargo da entidade do persoal contratado con cargo a subvención.

• Ata un máximo do 50 % dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade dun/dunha traballador/a con unha antigüidade mínima de 6 meses na entidade solicitante , previa xustificación da súa necesidade que deberá quedar suficientemente demostrada no Anexo V, para a dirección e/ou coordinación do proxecto.

• Gastos financeiros e de xestión relacionados cos contratos do persoal obxecto da subvención. Só poderán imputarse ata un máximo do 1,50% do importe total dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade

4.- Programa IV:“Entidades empresariais” epígrafes 5.2

5.- Programa V: “Comunidades de Montes” epígrafes 10.7

• Custes salariais derivados do persoal contratado con cargo a subvención.

• Custes de seguridade social a cargo da entidade do persoal contratado con cargo a subvención.

• Gastos financeiros e de xestión relacionados cos contratos do persoal obxecto da subvención. Só poderán imputarse ata un máximo do 1,50% do importe total dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade.

6.- Programa VI: “Entidades deportivas sen animo de lucro” epígrafes RMA 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2”

• Custes salariais derivados do persoal contratado con cargo a subvención.

• Custes de seguridade social a cargo da entidade do persoal contratado con cargo a subvención.

• Ata un máximo do 50 % dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade dun/dunha traballador/a con unha antigüidade mínima de 6 meses na entidade solicitante , previa xustificación da súa necesidade que deberá quedar suficientemente demostrada no Anexo V, para a dirección e/ou coordinación do proxecto.

• Gastos financieiros e de xestión relacionados cos contratos do persoal obxecto da subvención. Só poderán imputarse ata un máximo do 1,50% do importe total dos custes salariais e de seguridade social a cargo da entidade.

En ningún caso serán subvencionables:

— intereses, recargos e sancións administrativas e penais

— os gastos de procedementos xudiciais

En ningún caso, o custe dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

PRAZO E FORMA DE XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN OUTORGADA

A beneficiaria, no prazo de un (1) mes a contar desde o remate das accións de fomento do emprego subvencionado, deberá xustificar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención e, no seu caso, da aplicación dos fondos recibidos. A tal efecto deberá presentar unha memoria e unha conta xustificativa na que deberá constar a declaración das actividades realizadas e dos gastos incorridos; os xustificantes de pago dos gastos incorridos con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente e o importe, procedencia e aplicación dos fondos propios e outras subvencións ou recursos que financiaran tamén a actividade subvencionada.

Entra en vigor la reforma concursal

A principios del mes de septiembre se ha publicado en el BOE la Ley 16/2022, de 5 de septiembre, de reforma del texto refundido de la

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!