Subvenciones Vigo Asesoría Vigo abogados abogado

Subvenciones a entidades deportivas de Vigo en relación con su actividad deportiva en la temporada 2015/2016

OBXECTO DA SUBVENCIÓN

O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva durante a tempada deportiva 2015/2016.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Serán gastos subvencionables os que de xeito determinado correspondan ao funcionamento da entidade solicitante e sexan ocasionados pola actividade propia desta, así como os motivados pola participación ou organización de actividades deportivas. Estes gastos poderán ter relación entre outros a gastos de pagamento de licencias federativas, viaxes, aloxamentos e comidas, arbitraxes, adestradores, alugamento de instalacións deportivas, gastos telefónicos, compras de material deportivo, etc. En xeral serán subvencionables todos os gastos ocasionados polo funcionamento da entidade deportiva para o cumprimento dos seus fins ao longo da tempada 2015/2016, quedando excluídos os gastos por investimento en instalacións deportivas (obras).

A beneficiaria deberá solicitar 3 ofertas cando, tratándose de gastos por subministros ou servizos, excedan estes de 18.000 €, salvo que non exista mercado para as ditas contratacións. As subvencións ós clubs teñen un carácter único e, aínda que se valoran aspectos como a participación ou organización de eventos deportivos, enténdese que o total da subvención é polos gastos xerados pola actividade durante a tempada.

A tempada deportiva 2015/2016 estará definida para cada modalidade deportiva en función dos datos recabados das respectivas federacións, e a data de inscrición dos equipos ou dos deportistas individuais. A tal efecto, o técnico da área de deportes, no informe que se axuntara á documentación xustificativa, especificará o período comprendido pola mesma.

CONTÍA TOTAL E CRÉDITO ORZAMENTARIO

A cantidade máxima destinada a estas subvencións será a de 550.000,00 € (Cincocentos cincuenta mil Euros) que se farán efectivas con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 “Subvención a clubs e entidades sen fin de lucro”. Poderán outorgarse subvencións superando esta contía sen nova convocatoria cando se dean as circunstancias previstas no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia.

COMPATIBILIDADE DA SUBVENCIÓN

1.—Estas subvencións serán compatibles con calquera outra subvención ou axuda para a mesma finalidade, procedente de calquera outra administración, ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, aínda que serán incompatibles coas subvencións nominais outorgadas pola Concellería de Deportes ás entidades consideradas de elite da cidade na tempada 2015/2016 para o desenvolvemento do seu proxecto xeral.

2.—A beneficiaria deberá comunicar ao Concello de Vigo a obtención doutras subvencións, axudas ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada ós fondos recibidos.

3.—En calquera caso, o importe total da subvención ou subvencións non poderá superar o da actividade subvencionada; caso no que se procederá na forma prevista no artigo 34 do RD 887/2006, de 21 de xuño, polo que se aprobou o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS

1. Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo, teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro e cumpran os requisitos que establecen as presentes bases e convocatoria.

2. En relación coa modalidade de fútbol sala, só poderán participar nesta convocatoria os clubs que acrediten ter, polo menos, dous equipos federados en categorías inferiores.

3. Quedan excluídas expresamente de esta convocatoria:

• As federacións deportivas.

• Os clubs pertencentes ou integrados en institucións oficiais.

• Os clubs que por calquera causa se retiraran da competición oficial durante algunha das tempadas 2014-2015 ou 2015-2016.

• As entidades consideradas de élite subvencionadas a través de convenios nominais de colaboración tramitados a través da Concellería de deportes na tempada 2015/2016.

4. As entidades deberán estar integradas en competicións oficiais ou campionatos organizados polas federacións deportivas, e sen ter consideración de club ou equipo profesional.

5. Os solicitantes deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e non estar incursos en prohibición para ser beneficiario da subvención das previstas no citado artigo para o que se esixirá aos solicitantes unha declaración de non estar incursos nas prohibicións que recollen os apartados 2 e 3 do citado artigo 10 da Lei 9/2007.

6. Débedas coas Administracións Públicas:

• As entidades que soliciten subvencións por importe superior a 3.000,00€:

— Acreditarán acharse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Cosellería de Facenda da Xunta de Galicia e para coa Seguridade Social mediante a presentación das certificacións ás que se refire o artigo 22 do RD 887/2006, 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

— Autorizan á Comisión avaliadora a solicitar ós departamentos responsables, e comprobar de oficio, os datos e a documentación que acredite que se achan ao corrente das súas obrigas Tributarias coa Axencia Tributaria e o Concello de Vigo. Entenderase que o solicitante, ao presenta-la solicitude de subvención, consinte tal extremo.

• As entidades que soliciten subvencións que non superen o importe de 3.000,00€.

— Acreditarán que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, a Seguridade Social, a Axencia Tributaria e o Concello de Vigo mediante a presentación dunha declaración responsable ao abeiro do artigo 24.4 do RD 887/2006, 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

En calquera dos casos, entenderase que o solicitante, ao presenta-la solicitude de subvención, autoriza á comisión avaliadora para solicitar e comprobar de oficio os datos e certificados acreditativos necesarios ós departamentos administrativos responsables.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

1.—Serán obrigas dos beneficiarios das subvencións, ademais das previstas nestas bases e convocatoria e das sinaladas no artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, as que seguen:

• Realizar a actividade deportiva subvencionada consonte co proxecto presentado coa solicitude, deixando constancia da financiación municipal en calquera actividade coa inclusión da imaxe corporativa oficial.

• Responder da veracidade dos datos da solicitude, baixo a persoal responsabilidade da persoa que subscriba a solicitude.

• Empregar a lingua galega na realización das actividades subvencionadas, caso de que tal utilización se tivese invocado e avaliado como mérito para o procedemento de concesión da subvención.

• Dar a adecuada publicidade á financiación municipal da actividade subvencionada en calquera actividade ou evento relacionado coa entidade.

• Utilizar unha linguaxe e imaxe non sexista nos materiais de publicidade que se empreguen para a difusión das súas actividades.

• En relación coa muller, utilizar imaxes non estereotipadas, que visualice a aportación das mulleres nas facetas públicas da sociedade e non só no eido privado ou familiar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria será de 20 días naturais, contados dende o día 31 de marzo de 2016

Plan galicia emplea subvenciones en Pontevedra Marín Vilagarcía Vigo

Plan Galicia Emplea

La Xunta de Galicia ha publicado la convocatoria de ayudas del Plan Galicia Emplea, de incentivos a la contratación y a la formación en la

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!