Réximes de calidade: os establecidos nos seguintes regulamentos europeos:
– Produción agrícola ecolóxica
– Denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas
(IXP) e Especialidades tradicionais garantidas (ETG)
– Indicacións xeográficas de bebidas espirituosas
– Indicacións xeográficas de produtos vitivinícolas aromatizados.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os/as agricultores/as que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios. Os beneficiarios deberán
cumprir o requisito de ser agricultores activos. No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación produtiva debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración
de actividade de autoconsumo.
1. Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de
calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos
dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime.
Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.
2. A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar
os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.
Prazo de presentación
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 15 de xuño de 2016. Esta data
queda incluída dentro do prazo.