asesoría abogados abogado Pontevedra Sanxenxo

Ayudas a pequeñas y medianas empresas existentes en la Comarca do Salnés, que contraten trabajadores en situación legal de desempleo empadronados en el Concello de A Illa de Arousa

OBXECTO

A través do Plan de Fomento e Estímulo do Emprego establécense un conxunto de medidas que, con carácter extraordinario e a corto prazo, se destinan a favorecer a xeración de emprego así como a mellora da empregabilidade das personas en situación de desemprego, mediante a contratación destas persoas por parte das pequenas e medianas empresas radicadas na Comarca do Salnés e especialmente no municipio de A Illa de Arousa, e establecendo unha serie de incentivos de índole económica que favorezan a contratación por parte das empresas deste colectivo de persoas.

PRAZO

Todas aquelas empresas interesadas disporán dun PRAZO DE VINTE DÍAS NATURAIS dende O 16 de Marzo de 2016

FINANCIACIÓN

Este Plan está subvencionado polo Concello de A Illa de Arousa, existindo unha consignación na partida 241.47000 do vixente orzamento de gastos, aprobado por acordo do Pleno do Concello en sesión celebrada en data 14 de xaneiro de 2016, por importe de 25.000,00 euros, e sendo esta a cantidade máxima a aplicar ó presente Plan.

Non obstante procurarase a participación das distintas Administracións Públicas no mesmo, mediante a subscrición de convenios de colaboración que posibiliten o cumprimento dos obxectivos previstos.

OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS

Serán obrigas das entidades beneficiarias as seguintes:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das axudas contempladas no presente Plan, na forma e prazos que se establezan.

b) Xustificar en prazo o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, a efectuar polo órgano concedente.

d) Comunicar a obtención de outras axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e en todo caso, con anterioridade á xustificación dos fondos percibidos.

e) Acreditar atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, de Seguridade Social e ca Administración da Xunta de Galicia e Concello de A Illa de Arousa.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamentos auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ó beneficiario.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión que no seu caso se establezan para a adecuada publicidade do carácter público da financiación outorgada.

i) Proceder ó reintegro das axudas recibidas no suposto de incumprimento das normas reguladoras das mesmas.

j) Cumprir co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, en relación con todos aqueles documentos que conteñan datos persoais ou que afecten ás libertades públicas e os dereitos fundamentais respecto de outras persoas.

k) Aportar unha vez rematado o obxecto da subvención un informe ou memoria no que se especifique as accións levadas a cabo e o cumprimento dos obxectivos.

l) Someterse ás actuacións de fiscalización e ós controis financeiros que correspondan a este Concello.

m) Non discriminación por razón de sexo no importe económico dos salarios a abonar ós traballadores da empresa que representa,

n) Compromiso do non despido de traballadores contratados a data da aprobación do presente Plan para beneficiarse das axudas concedidas polo mesmo.

5.—REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar no Plan de Estímulo e Fomento do Emprego as pequenas e medianas empresas existentes no municipio de A Illa de Arousa e na Comarca do Salnés, que contraten traballadores en situación legal de desemprego empadroados no Concello de A Illa de Arousa, entendendo por tal aqueles que se atopen inscritos como demandantes de emprego nas oficinas de emprego, e que teñan unha antigüidade no padrón de habitantes de alomenos un ano.

As empresas participantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Estar dadas de alta en Facenda.

Estar ó corrente no pago das súas obrigas ante a Axencia Tributaria, Seguridade Social, Xunta de Galicia e Concello de A Illa de Arousa.

AXUDAS

As axudas serán de índole económica, para as contratacións que se realicen a partires do 01 de xaneiro de 2016, mediante a aportación de unha parte do importe que cada empresa deba abonar en concepto de cotización empresarial á Seguridade Social por cada traballador que contrate.

Establécense diferentes porcentaxes de aportación en función do período de duración do contrato e tipo de xornada a realizar:

1.—Xornada completa

— De 3 a 5 meses: Ata o 40%

— De 6 a 9 meses: Ata o 60%

— de 9 a 12 meses: Ata o 75%

Estas porcentaxes se reducirán nun 10% por cento no suposto de prórroga no contrato de traballo, cunha duración máxima de 12 meses, sempre e cando exista consignación orzamentaria ó respecto.

2.—Xornada parcial

— De 3 a 5 meses: Ata o 25%

— De 6 a 9 meses: Ata o 40%

— De 10 a 12 meses: Ata o 60%

Estas porcentaxes se reducirán nun 10% por cento no suposto de prórroga no contrato de traballo, cunha duración máxima de 12 meses, sempre e cando exista consignación orzamentaria ó respecto.

Plan galicia emplea subvenciones en Pontevedra Marín Vilagarcía Vigo

Plan Galicia Emplea

La Xunta de Galicia ha publicado la convocatoria de ayudas del Plan Galicia Emplea, de incentivos a la contratación y a la formación en la

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!