gestoría pontevedra subvenciones asesoría

Ayudas a establecimientos de turismo rural, hoteleros, apartamentos y viviendas turísticas, campamentos de turismo, agencias de viajes, cafeterías, bares, restaurantes y empresas de servicios turísticos para la obtención y/o mantenimiento de la marca Q de Calidad Turística

Objeto:
Subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, ten por obxecto a planificación, ordenación, promoción e fomento do turismo na Comunidade Autónoma de Galicia, e establece entre os fins que persegue a promoción e o estímulo dun sector turístico galego competitivo, de calidade e accesible, así como o impulso á profesionalización do sector. Constitúe o obxectivo fundamental desta resolución impulsar, promover e apoiar as iniciativas de calidade necesarias para cumprir os exixentes estándares fixados polo Instituto para a Calidade Turística Española que considera o prestixio, fiabilidade, rigurosidade e profesionalidade dos establecementos avalados. Todo isto para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible.

Gastos subvencionables:

Conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación cuxos custos sexan soportados
directamente polos establecementos:

• Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior e quedan excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2016.

• Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2016, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento. Só se pagará a axuda no caso do logro efectivo da certificación correspondente, que se deberá acreditar de maneira fidedigna ante a Axencia Turismo de Galicia e non se pagará, en ningún caso, a axuda sen esta condición.

4. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

5. Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 18.000,00 euros no suposto de prestación de servizos por empresas de auditoría acreditadas polo ICTE,
o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.

6. Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo

Artigo 3. Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT), a actividade turística para a cal se solicita a axuda, de acordo cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 7 de abril de 2016

¡Suscríbete nuestro boletín mensual!

¡Suscríbete a nuestro boletín mensual de noticias y forma parte de nuestros 702 personas y empresas que ya gozan de una información imprescindible para su día a día!